Etymologiae

Etymologiae
Autor/aIsidoro de Sevilla
OrixeEspaña
Lingualingua latina
Xénero(s)enciclopedia
Data de pub.625
editar datos en Wikidata ]
Folio 26v miniaturizado en tintas vermellas, amarelas, negras e verdes do Códice Toledo

Etimoloxías (Etymologiae ou Originum sive etymologiarum libri viginti)[1] é a obra máis coñecida de Isidoro de Sevilla. Toma o seu nome do procedemento didáctico que emprega: explicar a etimoloxía de cada palabra relacionada co tema, moitas veces de forma un tanto forzada e pintoresca. O título tamén pode proceder da temática dalgún dos vinte libros que compoñen a obra (concretamente o décimo). Foi escrito por Isidoro pouco antes da súa morte, en plena madurez (627-630), a petición de Braulio, bispo de Zaragoza.

Trátase dunha inmensa recompilación na que se almacena, sistematiza e condensa todo o coñecemento da súa época. Durante boa parte da Idade Media foi o texto máis utilizado nas institucións educativas. Tamén foi moi lido durante o Renacemento (entre 1470 e 1530 imprimíronse polo menos dez edicións). Grazas a este traballo fíxose posíbel a preservación da cultura romana e a súa transmisión á Hispania visigoda.

Esta recompilación da cultura clásica tivo tan boa acollida que substituíu en boa medida o uso das obras dos clásicos que recollían os seus coñecementos, polo que moitas deixaron de ser copiadas e se perderon, como as obras do gran erudito romano Marco Terencio Varrón. Isidoro posuía un gran coñecemento dos poetas gregos e latinos. En total, cita cento cincuenta e catro autores. Moitos deles léraos nos textos orixinais e outros nas recompilacións de uso para a súa época.

  1. Saint Isidore (of Seville) (1878). Opera omnia. apud Garnier fratres. p. 1057–. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search